O museo Pazo de Tor acolle 24 viñetas de Luís Davila, O Bichero

A Deputada de Cultura, Deseño e Artesanía, Pilar García Porto, xunto ao viñetista, Luis Davila, O Bichero, presentaron este sábado no Museo Pazo de Tor, a exposición/obradoiro Humor do país, que estará exposta ata o 31 de xullo no museo monfortino.

A mostra, conta con 224 viñetas do famoso ilustrador . Este conxunto de obras, forma parte dunha exposición colectiva do debuxante e humorista galego, que reunirá ilustracións do autor nos 4 museos da Rede Museística da Deputación. Durante a xornada, os participantes no obradoiro/exposición realizaron unha visita guiada polas coleccións do Museo Pazo de Tor. Esta actividade está enmarcada dentro da programación, que o Goberno da Deputación ofrece, de xeito gratuíto, durante o mes de maio, co gallo do Día Internacional dos Museos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo