" />

O Museo provincial recibe dous cadros do pintor lucense José Corredoira

A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, presentou este mércores dúas pezas do pintor lucense Jesús Rodríguez Corredoira que foron doadas ao Museo Provincial de Lugo. A doazón, perpetua e gratuíta, foi feita por Soledad Varela Ortega, neta do filósofo Ortega y Gasset, con motivo do décimo aniversario da creación da Rede Museística da Deputación de Lugo. Os dous cadros, Retrato de Consuelo Feijoó e Retrato de Andrea Varela, complementan as diferentes creacións da colección de Corredoira que posúe o Museo.

García Porto destacou a xenerosidade de Soledad Varela Ortega xa que “este acto representa unha das apostas da Deputación que contribúe ao recoñecemento do traballo dos artistas lucenses a través da Rede Museística”. Na sala do Museo, que leva o nome do autor, o que predomina é o retrato. De feito, aparecen as pinturas a varios membros dunha familia lucense. Neste momento, están expostas 16 obras de Corredoira no Museo Provincial de Lugo.

Jesús Rodríguez Corredoira Nado en Lugo o 5 de abril de 1889, é un dos artistas máis importantes da nosa provincia. Aos catorce anos, Rodríguez Corredoira foi bolseiro pola Deputación de Lugo para estudar en Madrid. Ao longo da súa andaina artística, foi adquirindo influenzas dos seus mestres como foi o caso de Sorolla e Zuloaga, entre outros artistas cos que conviviu en Madrid. Aparece moi identificado coas ideas da Xeración do 98, ofrecéndonos unha visión da España negra, a través dos seus personaxes atemporais, deformados e espiritualizados.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo