O novo auditorio podería estar rematado en maio

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio vén de adxudicar a obra de subministración, instalación e posta en marcha do equipamento escénico do novo auditorio de Lugo, “un paso que completa e fai máis próxima á posta a disposición do conxunto dos lucenses da que está chamada a converterse na primeira infraestrutura cultural da cidade e da provincia”.

Así o explicou esta mañá, en rolda de prensa, o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, quen avanzou que para este fin o Goberno galego destinará 2,1 millóns de euros. Tamén indicou que o proxecto contempla un prazo de execución de oito meses, desde a data na que se faga efectiva a sinatura do contrato. É dicir, que o auditorio podería estar listo para acoller espectáculos no vindeiro mes de maio.

A empresa adxudicataria será Chemtrol División Teatro SA, unha muntinacional especializada neste tipo de subministracións técnicas que traballou no equipamento dos principais espazos culturais do país como no teatro da Maestranza (co gallo da Expo92), no Liceu de Barcelona, no Palacio Euskalduna de Bilbao, no Palacio das Artes de Valencia, nos Teatros do Canal en Madrid ou no Pazo da Música de Compostela.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo