" />

O número de casos activos por Covid-19 na área sanitaria de Lugo continúa baixando

Continúa a baixar o número de casos activos na área sanitaria de Lugo onde nas últimas 24 horas o número de infectados por coronavirus é de 537 segundo a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade.

En canto  ao número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.251, deles 975 son da área da Coruña,  765 da de Ourense, 786 da de Pontevedra, 503 da área de Vigo, 537 da de Santiago, e 148 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 27 están en UCI, 210 en unidades de hospitalización e 4.014 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 18.949 persoas curadas, rexistrándose 740 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 479.922.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo