O Orfeón Lucense con Xesús Mato

Xesús Mato marcou unha etapa inesquecible na súa época como Director da nosa agrupación, de xeito que nunca deixou de selo pasando a Director emérito no momento en que Marcos Fernández Mosquera pasou de Director adxunto a ocupar o seu cargo. Mato marcou un tempo e un xeito de ser, e por iso segue estando connosco, e por iso o Orfeón tivo a idea de pedir para el un galardón tan simbólico como a Medalla Castelao.

Castelao foi para Galicia o apostol laico que a situou no universo. Mato para nós foi unha luz das que nunca se apagan e está sempre aí. Pois por iso pedimos a Medalla. Por  iso traballamos para apoiar esa medalla. Por iso nos satisface esa medalla.

Noraboa, Mato, pola Medalla Castelao. Que te satisfaga tanto como a nós nos compraceu ter a idea, apoiala, e que cristalizase nesta fermosa realidade.

O Concello de Paradela, orgulloso

O Orfeón Lucense, Coro da Catedral de Lugo, tivo a idea de pedir para Xesús Mato, o seu Director emérito, unha das Medallas Castelao que anualmente concede a Xunta de Galicia. Sendo Mato fillo predilecto deste Concello, o Goberno municipal recolleu o anceio desta agrupación coral, acordando no pleno de 22 de marzo de 2018 “mostrar o apoio e solicitar da Xunta de Galicia se lle otorgue a Xesús Mato Mato a Medalla Castelao do presente ano”.

Formulada a petición á Xunta de Galicia, comezaron a recibirse adhesións a esta petición que foron sendo remitidas á institución autonómica, resultando un total de 2.157 sinaturas as recibidas, sendo delas 258 correspondentes a institucións, asociacións ou empresas, constituindo en conxunto a proba de apoio popular, institucional, municipal e de colectivos culturais a este singular persoeiro da Igrexa e da Cultura que ve recoñecida unha longa e intensa traxectoria de entrega á súa vocación relixiosa que inclúe un inmenso amor por Galicia, as súas xentes, o seu idioma, a súa música e o seu ser.

O Concello de Paradela, orgulloso de que Xesús Mato vise aquí a luz primeira, e sexa parte viva da nosa historia e da nosa actualidade, felicita a Xesús Mato Mato por esta merecida distinción, e agradece a todas as institucións, asociacións, empresas e particulares, o seu apoio, sen dúbida decisivo para conseguir este magnífico e xusto galardón.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com