O paro aumenta na provincia en 205 persoas con respecto ao mes de xullo

No mes de agosto, o desemprego subiu en 205 persoas en relación co mes anterior, o que supón un 1,42%.

No obstante, o número de parados rexistrados nas oficinas dos Servizos Públicos de Emprego da provincia de Lugo reduciuse en 1.287 persoas respecto ao mesmo mes do ano anterior, o que sitúa o seu nivel de baixada interanual no -8,05%. Así, a cifra total de parados rexistrados na provincia é de 14.692.

A cifra de mulleres desempregadas na provincia é de 8.359 e a de homes 6.333.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo