" />

O Partido Popular pide a Medalla de Ouro da cidade para Cacharro Pardo

O Grupo Municipal do Partido Popular pide a Medalla de Ouro da cidade para Francisco Cacharro Pardo, logo do seu falecemento.

Os populares consideran “xusto e oportuno” que se recoñeza a traxectoria política de quen “amosou sempre un compromiso decidido” por Lugo e os lucenses. Entre os fitos da súa acción de goberno, Jaime Castiñeira lembra “o impulso firme” polo Campus da cidade, a súa “aposta real” polo Paseo do Rato e o cinto verde, o “promotor dunha iniciativa que nos sitúa á vangarda como foi o hospital veterinario Rof Codina, así como a defensa e reivindicación do patrimonio histórico, cultural e natural do municipio”.

O voceiro popular destaca a “enerxía e decisión por mellorar a vida de Lugo e os lucenses que caracterizaron sempre ao que foi concelleiro na corporación de Lugo entre 1979 e 2007″. Nesa liña, os populares agardan que “PSOE e BNG mostren a altura de miras necesaria ante unha figura política que, con independencia das súas siglas, foi coñecida e recoñecida dentro e fóra de Lugo”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo