" />

O Pleno da Deputación aproba o Plan Único de Cooperación cos Concellos para o 2021

O Goberno da Deputación de Lugo sacou adiante as bases do Plan Único de Cooperación cos Concellos 2021 no pleno da Corporación provincial celebrado este martes, no que o PP se abstivo por considerar “a pouca ambición do goberno provincial no impulso a estes orzamentos e puxo como exemplo o aumento que implmentou á Deputación da Coruña no que “o seu orzamento sube nun 37% mentres o de Lugo só o fai nun 1%, nun ano tan importante para a recuperación económica como é o 2021”, denunciou o portavoz do PP na deputación.

O Presidente da institución, José Tomé Roca, subliñou que a aprobación das bases no ano anterior ao da súa vixencia, por primeira vez dende que existe o plan, é unha das novidades do programa de investimentos, xunto coa subida da dotación económica ata os 21,5M€, o Partido Popular pedía subilo a 25 millóns de euros, a posibilidade de imputar gastos de contratación de persoal dende principios de ano e a apertura dunha nova vía de apoio ao sector servizos para favorecer a recuperación dunha das actividades económicas máis gravemente afectadas pola crise da Covid-19.

Este Plan Único 2021 mantén a súa esencia, como é a distribución dos fondos en función de criterios públicos e obxectivos, como a poboación, a superficie, a dispersión territorial e a taxa de envellecemento. Ademais, como en anos anteriores, fíxase un máximo de 500.000€ para os concellos de máis habitantes, e de 200.000€ para os concellos que teñen menos habitantes.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo