" />

O Pleno da Deputación aproba unha moción que esixe á Xunta que concerte prazas nos centros de maiores do ente provincial

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, denunciou hoxe os retrasos por parte da Xunta de Galicia, para que a provincia de Lugo conte finalmente cos servizos sanitarios básicos de Hemodinámica 24 horas, Medicina Nuclear e Radioterapia, logo de que o Goberno de Núñez Feijóo anunciara onte, novamente, a súa posta en marcha no hospital lucense.
Escoitámolo:


O Pleno Provincial aprobou cos votos a favor de PSOE e BNG a moción que esixe á Xunta de Galicia que concerte prazas nos centros públicos de maiores que constrúe a Deputación nos Concellos, investindo en solitario 15 millóns de euros.

Cos votos a favor de PSOE e BNG, e co voto en contra do PP, o Pleno aprobou a moción que esixe a Feijóo e Rajoy que cumpra coas 65 peticións de investimentos e medidas concretas que lles fixeron os lucenses durante a elaboración dos Orzamentos Participativos da Deputación.

A Deputación mantén o Plan de Obras e Servizos 2015 na provincia a pesares do financiamento cero do Goberno Central por 4o anos consecutivos. O Pleno aprobou achegar preto de 2 millóns de euros de fondos provinciais para a execución deste plan. A previsión é engadir a esta cantidade 1,2 millóns de fondos municipais.

O colectivo de Emigrantes Retornados da Mariña acudiu á sesión plenaria na que se aprobou, cos votos a favor de PSOE e BNG, e o voto en contra do PP, unha moción instando ao Goberno Central a resolver o problema das súas pensións.

O Pleno ratificou, aínda o voto en contra do PP, o acordo maioritario que avalaron máis do 80% dos traballadores da Deputación e referendou a Xunta de Persoal e o Comité de Empresa, que supón a mellora das condicións de traballo do persoal do Parque Móbil, posto que se regulariza a súa xornada laboral, tendo en conta factores como a deslocalización do servizo ou a dispoñibilidade.

Pola súa banda, os populares presentaron unha enmenda á proposta do Equipo de Goberno en materia de servizos sociais, solicitando que a Xunta incrementase as prazas sostidas con fondos públicos, “naqueles lugares onde son necesarios”, e evitar así, segundo as palabras de Elena Candia, voceira do PP, “futuros equipamentos infrautilizados, que non siguen ningunha planificación baseada en criterios obxetivos”. O goberno bipartito rexeitou a proposta.

No trascurso do debate, a popular Elena Candia instou a Besteiro a “aparcar a demagoxia” e pediulle un maior rigor e seriedade á hora de facer propostas en material social.

Neste senso, a popular acusou ao presidente da Deputación de estar pedindo algo que sabe de antemán que non existe e deixou claro, que “Gómez Besteiro está solicitando un convenio fantasma; está pedindo algo inexistente, posto que non hai na actualidade unha rede de residencias”- insistiu Candia, quen deixou claro que non hai prazas creadas nin autorizadas.

Candia tildou de obsoleto o mapa de equipamentos do que fala Besteiro, “posto que retrocede ao 2008 e existe un do 2011, o cal non cita, e deixa claro que desas doce residencias das que tanto falaba o presidente da Deputación tan só dúas están construídas, polo que se pregunta con quen quere Besteiro concertar ese convenio”.
A popular asegurou que a proposta do Goberno bipartito da Deputación de Lugo, non resolve as necesidades de atención dos maiores da provincia porque “eles demandan maioritariamente a atención no seu propio domicilio e só o 5% da poboación maior dependente demanda un servizo residencial”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo