" />

O popular Jaime Castiñeira comprométese a crear unha nova zona verde na parcela de Magoi

O candidato á alcaldía de Lugo Jaime Castiñeira propón crear unha zona verde e de equipamentos na parcela de Magoi, situada ao carón do novo Auditorio.

O alcaldable dos populares afirma que de sair elixido o vindeiro 24 de maio, anulará o protocolo que asinou o goberno de Orozco coa Xunta do bipartito no ano 2008. Castiñeira matizou que neste acordo asinado polo alcalde e as Conselleiras María José Caride, Anxela Bugallo e Teresa Táboas, dábase carta blanca ao Concello a edificiar vivendas protexidas na propiedade municipal, o que suporía edificar de 5 torres con 140 vivendas.

Os populares afirman que ademais deste novo espazo dotacional o barrio de Aceña de Olga, debe aspirar a incorporarse á rede de paseos que proxecta o Partido Popular, e que cruzará o entramado urbano de Lugo lembrando que “a finalidade de actuacións coma esta son que os peóns poidan percorrer a cidade dun extremo a outro de forma segura”.

Nese senso, o candidato popular explicou que esta zona situada ao carón do rio Miño, carece dun acceso directo seguro, matizando que “o único que garantiza a seguridade dos peóns é a pasarela de Fomento que hai na zona do Campus”. O alcaldable explicou que como “o carril bici se termina na Ronda de Fingoi á altura da Avenida de Magoi, e como as escaleiras que comunican co río son moi perigosas, a situada á altura do número 66 de Magoi cunha pendente que a fai impracticable, ademais de rematar no arcén da N-VI e as outras escaleiras situadas na carballeira de Marcos Cela coa volta da Viña que tamén acaban no arcén da calzada da estrada de Santiago, é necesario buscar unha alternativa segura”.

Castiñeira avanzou que o Partido Popular levará a cabo actuacións en dúas direccións: por un lado habilitará un sistema de protección para os peóns que baixan ao barrio da Ponte polas escaleiras da Volta da Viña “xa que este é un paso natural ao Miño ao que debemos dárlle continuidade” e por outro tamén comprometeuse a “ampliar o carril bici existente na zona de Fingoi para acceder de forma segura ás novas áreas de esparcemento e ocio que se acondicionarán no recinto feiral, así como a nova zona de baño público do Miño”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo