O PP advirte do perigo do Camiño Primitivo á altura do Burgo

O PP propón que o Concello inste á Deputación a facer a circunvalación do Burgo co obxecto de mellorar a seguridade dos peregrinos que fan o Camiño Primitivo. A obra consistiría en executar un tramo de 2,1 quilómetros que podería supoñer un gasto de medio millón de euros. O tramo en cuestión está situado na estrada provincial CP2901 e o desvío faríase desde o Punto Quilométrico 3,3 ata o 5,4.

Os populares, lembran ademáis que “hai un proxecto que deixou feito o PP cando estivo no goberno da Deputación en abril de 2006 en base aos acordos de aprobación do Plan de Obras e Servizos e Plan Provincial de Estradas do 2005, nos que figuraba a obra, acadando a súa aprobación definitiva no ano 2015 e cuxo orzamento sumaba 510.364 €. Dende aquela o proxecto quedou gardado nun caixón a pesar de que o Grupo Popular conseguiu un acordo de plan unánime en 2016 para impulsar esta obra”.

O concelleiro popular explicou que “estamos a falar dunha vía con alta densidade de tráfico que comunica Lugo con Friol e Guntín e pasa pola parroquia do Burgo”. Manuel López puntualizou que agora que se retoma a actividade do Camiño Primitivo e que se agarda que se intensifique de cara ao Xacobeo “é máis necesario facer un paso seguro para os camiñantes: estamos falando dunha vía estreita de dobre dirección onde hai un desnivel nas cunetas moi profundas que dificultan que os peregrinos se poidan apartar á beira”.

Os veciños cos que se reuniron concelleiros populares indicaron que a situación de perigosidade deste vial incrementouse, desde hai uns meses, dado que o diputación asfaltou en quente esta estrada “por un lado os vehículos están a circular a maior velocidade e, por outro as beiravías quedaron moito máis profundas ao subir o nivel da calzada como consecuencia da nova capa de asfalto”.

O concelleiro popular insistiu en que se trata “dunha obra moi necesaria” porque sacaría o tráfico rodado da travesía do Burgo, onde coinciden o Camiño Primitivo e a estrada provincial, pola que transitan tanto os peregrinos como o tráfico rodado, maquinaria agrícola e, incluso, o gando, o cal “xera múltiples situacións de inseguridade”, polo que é un “perigo tanto para os peregrinos como para o resto de usuarios desta vía”.

“Éncheselles a boca de falar do impulso do Camiño Primitivo pero cando teñen a oportunidade de demostralo do único que se preocupan é da fotografía e aos exemplos me remito: veñen de encargar por duplicado dúas esculturas para promocionar esta ruta e inaguralas PSOE e BNG, cada un polo seu lado” recriminaba López “e tamén sorprenden  cando venden como mellora da seguridade do Camiño un paso de peóns na Ronda do Carme que se ilumina cando vai pouca luz ou de noite cando saben que os peregrinos que pasan por ahí sempre o fan polo día xa que é a saída do casco urbano do Camiño”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com