O PP alerta de que o Concello non subsana as deficiencias na sinalización viaria de Lugo

O vicevoceiro do PP no Concello de Lugo, Enrique Rozas, denunciou esta mañá unha das queixas máis repetidas na cidade nos últimos meses: o mal estado de numerosas sinais viarias que poñen en perigo a seguridade en Lugo.

Enrique Rozas facíase así eco das queixas veciñais xeradas na cidade polo “deficiente” estado da sinalización vertical e horizontal e realizaba un chequeo do estado das mesmas no que constatou que “é amplamente mellorable” o que repercute en que, en moitas ocasións “os condutores teñen dúbidas sobre preferencias de paso”.

Entre as principais eivas detectadas polo popular están os semáforos con lámpadas fundidas, sinais deterioradas e tumbadas, ou marquesiñas do bus inservibles cos vidros rotos.

Pero , un dos casos máis chamativos son as sinais que se atopan tumbadas sobre o chan da cidade. “Non podemos permitir que se poña en xogo a seguridade dos condutores e peóns pola desidia á hora de recolocar sinais rotos ou deteriorados”, explicou Rozas, para lembrar que “non podemos esquecernos da sinalización horizontal”. Neste sentido, o viceportavoz popular explica que Lugo segue “á espera” dun plan de repintado para pasos de peóns xa que a maior parte deles están nunhas condicións “nefastas”. Moitos dos pasos de peóns atópanse case sen pintura e, noutros casos, son “perigosos” pola presenza de arquetas e fochas de grandes dimensións.

Segundo o popular esta situación débese ao “déficit” de preocupación e investimento por parte do goberno local e, desde hai uns meses, do goberno central, xa que parte das deficiencias detectadas foi en vías titularidade do Estado. Por iso, Enrique Rozas urxe ao goberno de Lara Méndez a tomar conciencia desta situación e a corrixir a mesma para mellorar a seguridade viaria en Lugo

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com