O PP alerta de que “Sánchez está escribindo as primeiras liñas do epitafio de Alcoa”

O Partido Popular trasladou onte “o apoio rotundo” aos traballadores de Alcoa e alertou de que “Sánchez, co silencio cómplice do PSOE na provincia e en Galicia, está escribindo as primeira liñas do epitafio da empresa en San Cibrao, e isto é moi grave”. Así o expuxo o cabeza de lista ao Congreso, Jaime de Olano, acompañado polos candidatos a esta Cámara e ao Senado, ademais de polo tenente alcalde de Cervo, Plácido Otero, e os voceiros de Enerxía e Industria na Cámara Alta da lexislatura que vén de rematar Juan Manuel Juncal Rodríguez e Tristana Moraleja Gómez, respectivamente, logo da reunión mantida co Comité de Empresa.

Deste xeito, Olano subliñou que “hoxe, máis que nunca, convén repensar o voto o 28 de abril, pois xogámonos o mantemento de 2.000 empregos e o futuro dunhas 6.000 familias; algo que ao señor Sánchez e ao Partido que representa semella non importarlle”.

O cabeza de lista ao Congreso sinalou así que “non podemos fiarnos do señor Sánchez, posto que xa non é que non acostume a dicir a verdade, senón que tampouco debemos fiarnos do que poida acontecer despois das elección se gaña, pois moito nos tememos que podería certificarse a defunción de Alcoa en A Mariña, condenando a esta comarca ao desemprego e a depresión”, remarcou.

Ao igual que fixeron a semana pasada, os populares reiteraron que o borrador do Estatuto do Consumidor Eléctrico non só non soluciona nada, senón que enche de dúbidas e incertidume a todos os implicados. Por iso, esixen ao
Goberno que teñan en conta as alegacións presentadas este luns pola Xunta de Galicia a dito documento.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com