O PP apoia aos traballores de Alcoa na concentración prevista hoxe en Madrid

O PP apoia “decididamente” aos traballadores de Alcoa na concentración convocada hoxe diante do Ministerio de Transición Ecolóxica e do Congreso dos Deputados. Tal é así que o vicevoceiro do Grupo Provincial, Javier Castiñeira, e os alcaldes de Cervo, Xove e O Vicedo, Alfonso Villares, Demetrio Salgueiro, e Jesús Novo, respectivamente, acompañaron dende a Mariña aos afectados que partiron dende esta zona en autobús cara a capital de España para reclamar ao Goberno a aprobación do estatuto electrointensivo, e garantir así a produción de Alcoa San Cibrao, así como os empregos existentes.

Á concentración, sumáronse tamén José Manuel Balseiro e o senador, José Manuel Barreiro, que xa se atopaban en Madrid co gallo da celebración de Fitur.

Javier Castiñeira destaca a necesidade de que o Executivo de Sánchez “deixe de mentir”, pois esta anunciou que no primeiro Consello de Ministros se aprobaría o ansiado documento, pero “a día de hoxe, e, por tanto, nin no primeiro, nin no segundo, se aprobou”.

Ata agora os socialistas xustificaban “a súa inacción” en que o Goberno estaba en funcións para non desenvolver este documento que sería a solución para que desaparecese a ameaza de peche que pesa sobre a factoría mariñá dende hai meses. Pero o certo é que o reparto de áreas xa está realizado dende hai semanas e o único que ofreceu o Executivo foi, novamente, unha declaracións de intencións sen concretar as medidas que prevé levar a cabo, nin os prazos das mesmas.

“Para a Mariña Alcoa é irrenunciable. Por iso, quixemos acompañar aos traballadores que xa non se conforman con promesas. Estamos nun momento crítico. É necesario que se fixe un prezo xusto para a enerxía, pois nin se aprobou o estatuto, nin se tiveron en conta as medias complementarias propostas pola Xunta de Galicia”, manifesta Castiñeira.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. José Manuel González Díaz
    Xan 22, 2020 - 02:15 PM

    Moito apoyan ahora, cando estaban no goberno, hai dous anos, fixeron algo? Manada de hipócritas e liantes.

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com