O PP apoiará a Estratexia Lugo Transforma que levará o PSOE ao pleno municipal

De hoxe en dez días terá lugar no Concello de Lugo o vindeiro pleno municipal. Unha xuntanza na que o equipo de goberno presentará a proposta Estratexia Lugo Transforma que mobilizará 12 millóns de euros para atraer empresa á capital da provincia. Así, e malia que aínda queda tempo, o voceiro do grupo popular avanzou xa que o seu partido apoiará esta proposta do executivo de Lara Méndez tras considerala unha “iniciativa positiva para a cidade”. Ramón Carballo lamenta “que non se fixera moito antes”.

Nese senso, o popular lembra como “dentro das achegas feitas polo Grupo Popular, de forma reiterada nos últimos anos á alcaldesa de Lugo, para incorporar aos orzamentos sempre reclamamos unha partida para facer un programa de captación de empresas e xeración de emprego”. O popular tamén explicou que “logrou o compromiso da rexedora para que antes de finalizar o ano nos facilite o prego de condicións desta estratexia”. Para o voceiro popular na comisión de contas que se celebrou esta mañá “quedou en evidencia que ainda quedan moitos flecos sin dilucidar desta estratexia” e insiste en que “en aras á transparencia hai que establecer mecanismos para facer un seguimento de onde van ir parar os 12 millóns de euros que se mobilicen”. No Partido Popular “non asinamos cheques en branco senón que queremos claridade sobre os requisitos e forma de selección de empresas que reciban axudas así como o control dos recursos”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com