O PP asegura que as votacións do PSOE no pleno evidencian a soidade da alcaldesa

O voceiro do grupo popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, afirmou tras o remate do pleno celebrado hoxe que “as votacións dos socialistas evidencian a soidade na que está a alcaldesa de Lugo”. Os populares interpretan “o voto negativo dos oito concelleiros socialistas nas proposicións do PP para mellorar as medidas de prevención de riscos laborais, así como, para poñer en marcha medidas para evitar ou minimizar os riscos para os 700 traballadores municipais e optimizar o funcionamento dos 133 centros de traballo do Concello de Lugo son un reflexo de que estamos diante un goberno desnortado”.

“Intentaron descafeinar a iniciativa cando, por outra parte, recoñecen explicitamente que o Comité de Seguridade e Saúde non se reune coa periodicidade trimestral que marca a lei”, manifestou. O popular tamén censurou “a falta de transparencia” da que fai gala a alcaldesa de Lugo negándose a dar conta no pleno dun informe anual das medidas adoptadas no tocante á prevención de riscos”. Ameijide afirma que “é dun infantilismo extremo que voten en contra dunha iniciativa como esta e que intenten quedar ben organizando unhaxuntanza forzados por esta proposición”.

Os populares tamén lamentaron que a alcaldesa e os seus edís non votasen a favor de dotar de abastecemento aos veciños de Conturiz e aos de Cardoso. Manuel López afirma que “hai gastos cuestionables como o da escultura de Javier Krahe que suporá un desembolso de máis de 30.000 euros, uns cartos que chegarían abondo para poñer auga a os veciños destas parroquias”.

En canto á proposición para a creación dun Catálogo de Comercios Emblemáticos no casco histórico os populares critican que o goberno socialista votase tamén en contra desta iniciativa e intentase esquivar a súa competencia trasladando á Xunta a elaboración deste documento. “Se noutros concellos de España como Barcelona, Mallorca, Valencia… teñen este catálogo non é de recibo que en Lugo, por vir a proposta de man do PP a bloqueen”. Nesta iniciativa os populares solicitaban que se clasificasen os comercios segundo as súas características establecendo o grao de protección do espazo que ocupan co ánimo non só de preservar a súa estética e tamén a súa continuidade.

Encarna Amigo explicou que o obxectivo desta iniciativa é promover accións para poñer en valor os negocios de Lugo que fan cidade ben pola súa antigüidade, ben porque desenvolvan unha actividade singular ou ben porque os locais onde estén dispoñan de elementos patrimoniais protexidos. “Ainda que somos coñecedores de que o PEPRI (Plan Especial do Recinto Histórico) xa contempla a protección de elementos exteriores das fachadas, onde están ubicados algúns dos comercios máis emblemáticos que existen na cidade, non figura, na maioría das fichas, a necesidade de conservar elementos interiores en caso de peche do negocio”, manifestou a popular.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo