" />

O PP axudará aos lucenses a reclamar o cobro de importes indebidos na factura da auga

O Partido Popular recibiu nas últimas semanas reclamacións de numerosos lucenses aos que o Concello cobrou por un consumo de auga moi superior ao que viña sendo habitual, no mesmo periodo do ano anterior. Ramón Carballo explicaba que “estes cobros indebidos nos recibos son consecuencia da falta de lectura dos contadores motivada pola falta de personal no servizo municipal que os socialistas desmantelaron nos últimos anos”. “Os contadores non se están revisando nos periodos fixados o que provoca que se disparen os importes das facturas” porque se acumulan os consumos, e ao facer o cálculo do recibo saltan ao tramo de facturación multiplicando ou triplicando o custe do m³ de auga”.

Carballo lembrou como a propia ordenanza do servizo establece un prazo de lectura de como mínimo cada tres meses, cando na realidade tardan máis o que provoca un cobro ilícito ao aplicarse unha tarifa de facturación que non corresponde ao consumo realizado.

O Grupo Municipal del Partido Popular, que xa trasladou en diversas ocasións ao goberno local a “necesidade” de solucionar este mal funcionamento do servizo reclamando o seu reforzo e “á vista de que fai oídos xordos a nosa petición” anuncia que promoverá unha campaña para axudar aos veciños e veciñas de Lugo que queiran reclamar a devolución dos excesos de cobros na factura de auga.

Os populares facilitarán un modelo para presentar no rexistro municipal a todo aquel lucense que o necesite asesorándoo de como conseguir que recuperen o diñeiro que o Concello lle cobrou. Se atenderá entre as 10.00 e as 14.00 horas na oficina do Grupo Municipal do PP na Casa do Concello da Praza Maior, ou ben enviando a petición a dirección de correo grupomlugo.pp@lugo.gal

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo