O PP considera que a reunión de Méndez cos feirantes é “o principio do fin dun matrimonio de conveniencia”

O Grupo Popular interpreta a reunión desta mañá da alcaldesa socialista cos feirantes e propietarios de barracas como unha “desautorización en toda regra ao BNG”. “Isto é o principio do fin dun matrimonio de conveniencia”, afirman.

O portavoz popular alégrase de que “por fin” a alcaldesa saíse do seu letargo e póñase á fronte do concello xa que “leva días desaparecida”. Carballo asegura que “coa reunión de hoxe demostra que Lara Méndez se quere as barracas pero que a xestión independente das áreas do Concello de Lugo, repartidas no pacto de goberno co BNG, impedíalle pronunciarse”. “Esperemos que non sexa xa demasiado tarde e que os lucenses non teñamos, unha vez máis, que sufrir as consecuencias dun goberno bipartito cunha alcaldesa secuestrada polo seu socio nacionalista”, reflexionaba.

O PP desde o minuto un foi claro na súa formulación e propuxo outras alternativas para acordar cos feirantes así como tamén pediu por carta á alcaldesa un pronunciamento público. “Se non se montan as barracas será polo capricho do BNG e pola falta de valentía da alcaldesa de Lugo que tardou demasiado tempo en reaccionar” concluía Ramón Carballo.

En todo caso a xuízo dos populares “a reunión celebrada e convocada esta mañá pola alcaldesa cos feirantes desautoriza e desacredita aos concelleiros do BNG para dirixir calquera área”.

Novas relacionadas

  1. Anónimo
    Set 24, 2021 - 05:23 PM

    E o matrimonio de conveniencia que vostedes manteñen en concellos e autonomías cos fascistas ¿qué, continuamos para Bingo?

    Reply
  2. Anónimo
    Set 24, 2021 - 04:52 PM

    Ay carallo desde esa postura que fácil e falar nos medios, na realidade xa desertades das reunións, e marchades ou simplemente non vades, pero despois a falar e criticar na prensa. E un político non pode nin debe de actuar como facedes vos, eso que inda non estamos en campaña. O que si é certo que a postura e empizinamento do BNG e de friquismo total, e unha postura como a das mulas cando lle poñen orelleirad que só vén o frente y para o frente tiran hasta escarallarse. Pois neste caso é o mesmo, so e valido o seu punto de vista. E Larita menos mal que apareceu, non sei para que, si se solucionará algo ou lles contou o conto de caperucita os feirantes. E o que si é certo e que o pobo de Lugo estamos no medio deste circo a tres bandas. E non vos parece xa hora de pensar e traballar polos ciudadanos e deixar a un lado os partidos e os ideario absurdos que empleades. Por que al menos eu me escojo o de risa ( por que cabrearse non vale de nada) ver todos los días o espectáculo tan rastrero que tedes montado.

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com