O PP critica que o BNG inclúa no San Froilán a actuación de Def con dos

Os populares pregúntanse porqué “os veciños e veciñas de Lugo teñen que pagar cos seus cartos a un grupo musical para actuar nas festas dos San Froilán do que o vocalista utiliza as redes sociais para facer apoloxía do terrorismo. Dende o PP puntualizan logo,  non hai outras agrupacións galegas ou nacionais para contratar para as patronais” lamentando que este tipo de situacións vaian a ser as habituais coa chegada do BNG a cultura”.

O PP lembra que “o Tribunal Supremo condenou ao cantante desta agrupación por enaltecemento do terrorismo e humillación ás vítimas dicindo textualmente que a liberdade de expresión non pode ofrecer acubillo a exteorización de expresións que encerran un inxustificable desprezo cara as vitimas do terrorismo ata conlevar á súa humillación”.

Dende o PP lamentan que “no BNG xustifican esta decisión amparándose na idea da liberdade de expresión cando adoptaron a decisión de forma unilateral impoñendo o rodillo do goberno sen informar, en ningún momento, ao principal grupo da oposición”.

Os populares tamén piden explicacións á alcaldesa de Lugo sobre se ela e o seu partido, o PSOE, avalan esta contratación “moito nos tememos que Lara Méndez sexa cómplice desta situación”.

Novas relacionadas

17 respostas

Deixa unha resposta
  1. Jose Antonio Fraga Ríos
    Xul 16, 2019 - 11:13 PM

    Hai que denunciar alto e claro estas barbaridades enmascaradas na liberdade de expresión

    Reply
  2. Bárbara Ruth Soto Lucas
    Xul 16, 2019 - 01:42 AM

    Pnro qué chorrada é esa???? Joder… Nivelón das preocupacións políticas. Vese a madurez do persoal… Patrás van.

    Reply
  3. Manuel Quiroga Lopez
    Xul 15, 2019 - 11:01 PM

    Cada vez máis parvos

    Reply
  4. Alex DeFrigsa
    Xul 15, 2019 - 10:34 PM

    O pp traería o grupo do fillo de barcenas supoño… Taburete ou algo asi

    Reply
  5. Alfonso Pérez
    Xul 15, 2019 - 10:20 PM

    Ya si eso que el vocero comente algo de esto, que sin duda alguna le afecta más a la ciudad de Lugo y a su ciudadanía, q el concierto de Def con Dos

    Reply
  6. Antonio Castro
    Xul 15, 2019 - 09:51 PM

    DECÍAN DO GAITEIRO DE LUGO.
    O GAITEIRO FOI A GUERRA
    PUXO O BUZO FALANXISTA
    XA NON HAI QUEN O RESISTA
    PARA MATAR O MARXISTA
    PULSO REXO E MOITA FÉ

    Reply
  7. Antonio Castro
    Xul 15, 2019 - 09:47 PM

    Teñen añoranza do Cara al Sol,Montañas Nevadas,e de PEMAN ENTRE OUTROS,

    Reply
  8. José Manuel González Díaz
    Xul 15, 2019 - 09:27 PM

    Acerto total, os PePeiros, na oposición, son venenosos.

    Reply
  9. Luis Díaz
    Xul 15, 2019 - 09:23 PM

    Ya están estos con su honradez selectiva como militantes de cierto partido , cuando menos , a otros nos parece irónica , a la par que falsa y atrevida .

    Reply
  10. Ana Torrón Díaz
    Xul 15, 2019 - 09:06 PM

    Pois que eu saiba todos pagamos á eirexa católica (ainda que non sexas católico) e nunca oin que se queixaran…é raro…

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com