O PP critica que o goberno fraccione facturas de compra de subministro para a caldeira de biomasa de Frigsa

O vicevoceiro do Partido Popular, Antonio Ameijide, denunciou o que considera unha “mala praxe” do goberno local que está a fraccionar o contrato de compra de subministro que, polo importe que suma, debería sacarse a concurso público como contrato maior. Antonio Ameijide explica que as facturas dos últimos 15 meses para a adquisición de pellets para a caldeira de biomasa que abastece os edificios da zona da antiga Frigsa (tanto os deportivos, como MIHL,
auditorio Gustavo Freire ou biblioteca municipal) é duns 125.000 euros.

“Estamos falando dunha cantidade importante que supera, con creces, o umbral de 15.000 € que se contempla para os contratos menores polo que está eludindo unificar e publicitar esta oferta para que outras empresas participen e se consigan unhas condicións máis vantaxosas”, critica Ameijide.

O popular manifestou que o fraccionamento de contratos é unha “práctica abusiva” e pide explicacións a PSOE e BNG das razóns polas que non se publicitou para invitar a outras empresas “saltáronse á toreira a lei de contratos do sector público preguntándose por que se fracciona de forma constante a compra deste subministro, así como, porque non saca un contrato grande que sexa máis beneficioso para os lucenses”.

Ameijide manifestou que o que ocorreu con esta compra de pellets supón unha “práctica abusiva” para evitar a obriga de publicitalos dando a oportunidade de presentarse a máis empresas e incumprindo a Lei de contratos do sector público que “no seu artigo 99 indica que non poderá fraccionarse un contrato coa finalidade de diminuír a contía do mesmo e eludir así os requisitos de publicidade ou os relativos ao procedemento de adxudicación que correspondan”.

Antonio Ameijide lembrou que o Partido Popular é partidario de crear un rexistro de empresas de Lugo co obxecto de que poidan participar nos concursos negociados onde o Concello contrate obras por un importe inferior a 40.000 euros ou servizos e subministros por menos de 15.000 euros. Ameijide criticou que, actualmente, “é frecuente que nos procesos negociados non se inviten a empresas de Lugo a pesar de que hai emprendedores capacitados para executar estes traballos”. O goberno municipal “practica o sectarismo tamén na tramitación de contratos municipais invitando só aos que eles deciden.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com