" />

O PP critica que o Goberno Municipal conceda unha prorroga a Cechalva

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Jaime Castiñeira, criticou esta mañá en rolda de prensa a intención da alcaldesa de prorrogarlle o contrato do servizo de guindastre a unha das empresas que está no centro da Operación Pokemon.

En relación ao guindastre, Castiñeira explicou que, “de acordo cun decreto asinado pola propia alcaldesa, a vontade de blindar a Cechalva neste contrato era firme e decidida”; incluso segundo voceiro popular, “nin sequera cos informes en contra dos servizos municipais de Intervención e Contratación foi capaz de frear esas intencións”. Segundo indicou, “Cechalva continuará facturando para o Concello de Lugo, impedíndonos que paguemos por este servizo a metade do que viñamos facendo”.

“o único período ao que se alude para a caducidade desa ampliación é o da execución efectiva do acordo plenario que instaba á municipalización do servizo”. Continuou o edil do PP.  “Tendo en conta que a día de hoxe aínda non se constituíu a Comisión que ía realizar ese estudo, aprobada en pleno en setembro do ano pasado, moito nos tememos que se pola alcaldesa fora a empresa concesionaria prolongaría a súa recadación incluso máis alá do 30 de novembro de 2017, cando rematarían os dous anos de prórroga previstos no contrato asinado en 2005”, destacou Jaime Castiñeira.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo