O PP critica que o PSOE votase en contra de manter o 091 en Lugo

Os populares do Concello de Lugo criticaron hoxe o voto en contra do PSOE á petición en pleno do PP para manter a sala do 091 en Lugo xa que “coa súa negativa a apoiar a nosa proposición están dando o visto bo a que se traslade este servizo A Coruña”.

O voceiro da formación, Ramón Carballo, dixo que esta actitude dos socialistas só se pode entender “de quen non quere pedir aos seus amigos de Madrid algo que é de xustiza para a súa cidade” xa que estase a falar dun servizo moi próximo ao cidadán e “se aspiramos a ser unha cidade de 100.000 habitantes é incomprensible que non lles interese manter un servizo como este, de coordinación operativa en caso de situacións de risco inmediato, emerxencias e dispositivos especiais”.

Mocións con unanimidade

A corporación apoiou con unanimidade na proposición relativa a levar a cabo accións para poñer en valor e dar a coñecer ás mulleres referentes galegas que son líderes nos seus respectivos sectores para que rapazas
e rapaces teñan referentes femininos, como por exemplo na ciencia e na tecnoloxía. Ademáis desta petición se presenta unha batería de medidas que son competencia da Xunta e do Estado para facer fronte a retos fundamentais para alcanzar a igualdade real e efectiva entre mulleres e homes.

Tamén toda a corporación ofreceu o apoio unánime para realizar un plan para eliminar de forma progresiva os tapóns urbanísticos que hai na cidade de Lugo. “O que pretendemos é que se elabore un censo de tapóns urbanísticos e que se prioricen as actuacións en casos nos que hai perigo para os cidadáns porque están na inmediación de centros escolares, garderías, instalacións deportivas, centros de maiores …e non queda espazo para os peóns”, explicou Ramón Carballo.

Ademáis, á petición para que a Ofrenda do Antigo Reino de Galicia sexa declarada Ben de Interese Cultural conseguiu o apoio da Corporación. Os populares insistiron en que a día de hoxe este acto é unha Festa Maior propia da cidade de Lugo que “ten que ser reforzada o máximo posible” polo que rexeitaron a enmenda do BNG de organizar de forma paralela actos laicos por considerar “que desvirtuaría por completo o acto en si”.

Do mesmo xeito, o BNG conseguiu 13 votos a favor (maioría absoluta) para a aprobación de institucionalizar o Día da Galicia Mártir, unha proposta presentada polos nacionalistas a instancia da Asociación Alexandre Bóveda.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com