O PP culpa a Méndez de bloquear a reparación das fugas das casetas

O Grupo Popular esixe á alcaldesa de Lugo que axilice a reparación das fugas que afectan dende onte ás casetas do polbo e que ás primeiras horas desta tarde seguía sen solucionarse. O voceiro popular criticou “a incapacidade de xestión da alcaldesa” lamentando que a imaxe de Lugo quede en evidencia pola incompetencia dos socialistas que “por mor da súa falta de reflexos deixan en ridículo e danan a imaxe dun dos
principais reclamos do San Froilán” xa que o corte de auga afecta a un dos puntos clave e dos escaparates do San Froilán.

Ameijide tacha de “despropósito” a despreocupación do goberno socialista á hora de reparar as tres roturas que se produciron na rede municipal e que afectan tanto as casetas como a vivendas e negocios de Frei Plácido Rei Lemos. O popular manifestou que “os continuos problemas para arranxar fugas no municipio son froito do desmantelamento do servizo de augas que forzou o Partido Socialista”.

Os populares afirman que “é terceiromundista que as casetas e negocios do entorno leven dende onte sen  subministro” e non comprenden porque o goberno socialista utiliza unha dobre vara de medir en alusión a que “envían a unha empresa privada a resolver outro rebentón similar na Praza da Soidade mentres que deixan abandonados aos empresarios e veciños afectados do bancal do parque de Rosalía de Castro”.

Os populares pregúntase “que imaxe se van levar os comensais que vaian a degustar o polbo ao ver que as casetas están sen auga e que levan así dous días completos. Ameijide puntualizaba “se non son capaces de resolver os problemas reais da cidade e estar á altura dos seus cargos, por dignidade, deberían recoller as súas cousas e deixar o goberno”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com