" />

O PP de Cervantes afea ao goberno local que aínda non presentara os orzamentos municipais para o 2022

O portavoz municipal do PP de Cervantes, Javier Santín, afea ao goberno local que “estando a finais de xaneiro de 2022, aínda non levara ao pleno os orzamentos municipais para o presente”. Urxe, polo tanto, a que “presenten canto antes as contas para o 2022”.

Para o popular isto é unha mostra da “falta de dilixencia e de xestión no noso municipio. Ao non presentar o proxecto de orzamentos para o 2022 no ano pasado, tiveron que ser prorrogadas as contas do exercicio anterior, do ano 2021, para facer fronte ás necesidades do Concello”.

Santín agarda que, nesta ocasión, “xa que tardan tanto en levar ao pleno os orzamentos para a súa valoración, se traten dunhas contas que reflictan un proxecto claro e definido de futuro para Cervantes e non dun corta e pega que só inclúa as actuacións máis básicas e imprescindibles, coma en anos anteriores”.

O popular insta, así mesmo, ao goberno municipal do PSOE a “supervisar correctamente as obras municipais para que os veciños conten con tódalas garantías de seguridade e que o Concello, cos cartos de tódolos veciños, non teña que pagar dúas veces polas mesmas actuacións”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo