O PP de Láncara integrará na súa candidatura ao independente Carlos Fernández Díaz, ‘Meilán’

O candidato á alcaldía do, Santiago Cubillas, e a presidenta provincial do partido, Elena Candia, formalizaron onte a integración no partido de Carlos Fernández Díaz, ‘Meilán’, quen formará parte como número dous da candidatura coa que o PP concorrerá ás vindeiras elección municipais do mes de maio.

O independente leva tres mandatos formando parte da Corporación municipal, polo que tanto desde a dirección provincial do PP como desde o Grupo Municipal valoran a súa experiencia e agradecen que se sume ao proxecto popular. A presidenta do PP de Lugo, Elena Candia, dálle as grazas “por querer sumar” e polo compromiso amosado.

Carlos Fernández Díaz xa formalizou a súa alta no Partido Popular como afiliado. Ao longo destes anos concorreu ás eleccións en diferentes candidaturas, pero sempre como independente. Nesta ocasión formará parte da lista como afiliado do PP, tras ter tramitado a súa alta.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo