O PP de Monforte acusa ao Goberno central de bloquear de novo o Porto Seco

A voceira do grupo municipal do PP de Monforte, Katy Varela, asegura que Goberno central bloquea, unha vez máis, o Porto Seco de Monforte. Varela sinala que os socialistas “poñen paus nas rodas” aos esforzos da Xunta por desenvolver esta infraestrutura estratéxica, máis en concreto, para dotala dunha estrada de conexión que permitirá o acceso directo á carretera N-120.

Non é a primeira vez que acontece este bloqueo. A voceira municipal recorda que recentemente Fomento informou desfavorablemente a glorieta de conexión que uniría a estrada autonómica e a nacional, o que obrigou a modificar o proxecto cun enlace tipo lazo, e levou á Xunta a remodelar o proxecto de trazado. Agora, volve bloquear a iniciativa da Xunta esixindo que costee a supresión dun paso a nivel, a pesar de que no é a administración titular desa infraestrutura ferroviaria, nin tampouco do vial que a cruza, que depende da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, tamén gobernada polos socialistas.

O PSOE, di Katy Varela, só sabe poñer impedimentos e atrancos para que a Xunta non avance nos proxectos, eternizando o aproveitamento desta infraestrutura. O compromiso do Goberno galego é completar os accesos a esta plataforma loxística para que sirva como infraestrutura estratéxica capaz de atraer novas empresas e novas oportunidades de emprego á comarca. A nova conexión proxectada pola Xunta permitirá absorber o tráfico xerado  pola área loxística e de intercambio de mercadorías do porto seco e constituirá a principal vía de unión coa Meseta e o sur de Galicia, á vez que evitará o paso de vehículos, sobre todo de tráfico pesado, polo núcleo urbano de Monforte de Lemos.

O porto seco de Monforte de Lemos concentra nun único espazo as actividades relacionadas coa intermodalidade estrada-ferrocarril. A totalidade do proxecto sumará unha superficie de 307.053 metros cadrados. A Xunta é a primeira administración interesada en rendibilizar o investimento, porque considera que debe ser proveitosa a achega realizada de recursos públicos e porque cre que é unha infraestrutura estratéxica para a comarca.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Avatar
    Carlos Fernandez Peleteiro
    Nov 07, 2019 - 11:18 PM

    Si é unha obra para taparlle a boca a xente de Monforte de momento. Por que é un proyecto inútil e condenado o fracaso antes de nacer

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo