" />

O PP defenderá en pleno que a Deputación se opoña á suba de impostos do Goberno Central

O portavoz provincial do Partido Popular, Javier Castiñeira, anunciou esta mañá que “o grupo provincial popular solicitará no pleno que celebrará mañá a Deputación o apoio do goberno provincial para pedir ao Goberno central que cambie a súa política fiscal recadatoria, que prexudica á maioría dos lucenses”.

Castiñeira considera que “nun momento tan crítico da economía, coas pemes e os autónomos pedindo axuda; con tantos veciños no paro e sen oportunidades, e mentres o resto dos países están facendo o contrario, que é baixar impostos, o Goberno presidido por Pedro Sánchez pretende subilos ou eliminar desgravacións que existían ata o momento”.

O portavoz popular repasou todos as taxas e impostos que o Goberno Central pretende subir próximamente. “Neste ano 2021, suben impostos como o de matriculación, ao diésel, ás bebidas azucradas; suben as pólizas dos seguros, empeza a funcionar a taxa Google, que grava produtos informáticos, pretenden eliminar as desgravacións dos plans de pensións ou á renda conxunta, ou mesmo poñer peaxes en todas as autovías para o ano 2024”.

Castiñeira considera que o Goberno de Pedro Sánchez prepara “un auténtico atraco fiscal”. Engade: “Este sabrazo á clase media e traballadora, grava produtos de consumo ordinario, que acabarán subindo o custe da vida para moitísimos lucenses, o que consideramos totalmente inaceptable”.

Fronte aos plans dos socialistas, en Lugo, segundo Castiñeira, “preferimos a política fiscal galega, do goberno de Feijóo, que opta por baixar os impostos, máis concretamente no rural; non é a política fiscal de PSOE e Podemos e dos socios do BNG, que cada vez que gobernan o fan a cargo dos petos dos contribuíntes e neste caso tamén de todos os lucenses”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo