O PP denuncia a “espiral de pagos con reparos de legalidade” na que está o goberno local

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, desvelou que a rexedora asinou en só dous días reparos de legalidade por valor de 2.356.911,56€.

Antonio Ameijide anunciou que pedirá explicacións á alcaldesa para saber por que a alcaldesa asinou varias facturas da empresa que se encarga do mantemento da rede semafórica da cidade correspondentes a 10 habitacións de hotel e un billete de avión a Frankfurt dende Madrid, todo por un importe de 4.102,63€, sendo o custe dos hoteis 3.625,76€, tendo 7 destas habitacións, un custe de 453.68€ cada habitación. Por iso, Ameijide anunciou que a rexedora terá que dar “as explicacións oportunas” para desvelar quen está “durmindo en habitacións de máis de 450€ a costa das arcas municipais”.

O voceiro popular afirmou que este xeito de actuar demostra que o goberno local non ten vontade nin intención de poñer freo a este tipo de actuación e que “está cómodo” nesta situación de “irregularidade”. O popular lamentou que os socialistas sigan facendo oídos xordos ás recomendacións do interventor, do secretario municipal e do xefe de contratación, que pediron en “reiteradas ocasións” que se saquen a licitación os pliegos de contratación para os servizos que 22 empresas prestan a este Concello co contrato caducado ou, directamente, sen contrato.

O popular recorda que dos 22 servizos sen contrato, 10 caducaron baixo o mandato da actual rexedora, 6 foron herdados do anterior alcalde e outros 6 se prestan, directamente, sen contrato. Ameijide recorda que no que vai de ano xa se pagaron 7.564.738,91€, unha cifra que demostra que “estamos ante unha situación enquistada e irregular” e que, de seguir a este ritmo, o goberno local superará o récord que fixou no 2017 ao pagar máis de 20M€ con reparos de legalidade. Ademais, a esta cantidade hai que engadir os 2.320.534,08€ que os socialistas xa levaron a debate no pleno no que vai de ano, o que demostra que Lara Méndez e o seu equipo “non teñen vontade algunha” por regularizar unha situación que “eles mesmos agravaron” nos últimos anos. No que vai de ano 9.885.272€

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo