O PP denuncia o mal estado que presenta o Paseo do Rato

O concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Óscar Poy, denunciou publicamente o mal estado que presenta o paseo do Rato, “unha das principais zonas verdes da cidade, pero que os sucesivos gobernos socialistas deixaron ao seu rumbo” subliñou.

Óscar Poy lamenta que, “sobre todo nesta época do ano, na que son moitos os lucenses que aproveitan o bo tempo para pasear ou facer deporte por esta zona, aos que se unen os turistas, a imaxe que se pode ver é case desoladora”. “É case imposible ver o río Rato xa que a maleza cubre por completo o leito do río. Algo que non é de onte, xa que por exemplo hai portóns nalgún caneiro que están totalmente cubertos por herbas e maleza. O problema é unha falta total de mantemento e un absoluto desinterese por coidar esta zona da cidade”, explicou.

Poy indicou que “falta de mantemento desta zona verde da cidade provoca que nalgúns treitos, tanto do paseo principal como dos distintos camiños desta zona verde, pasaron de ter un ancho de algo máis de dous metros a 30 centímetros, o que pon de manifesto a total falta de mantemento nos últimos 11 anos”. “A isto súmase que en diferentes puntos do camiño hai buracos de gran tamaño e profundidade o que supón un perigo para os usuarios do paseo do Rato. Están a achicarse os camiños porque non hai unha conservación adecuada”, sinalou.

 

Novas relacionadas

  1. Antonio Fernandez
    Ago 22, 2019 - 10:49 PM

    Que pena el poco interés en conservar el paseo por pate del concello .

    Reply
  2. Sarainha Chinaski
    Ago 22, 2019 - 08:10 AM

    Pobre payasiño

    Reply
  3. Alberto Grandio Teijeiro
    Ago 21, 2019 - 04:07 PM

    Ó ano pasado aos do BNG foron rozar ó caminho que vai do rato ó paseo do Miño!! Así que xa sabedes…foucinho é a rozar!!

    Reply
  4. Luis Díaz
    Ago 21, 2019 - 01:07 PM

    Otro con hambre de cámara . Nos esperan días de gloria mediática .

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com