" />

O PP denuncia presuntos “favoritismos” nun proceso selectivo para cubrir unha praza na Deputación

O voceiro do Grupo Provincial do Partido Popular, Javier Castiñeira, sospeita que o goberno da Deputación puido facer uso “do seu favoritismo” para cubrir a praza de técnico superior e edificación de obras.

O popular fai esta valoración coa prudencia que esixe unha cuestión deste tipo, pero advertindo que a Xunta de Goberno aprobou o venres 23 de abril, comparecer no Xulgado nº 2 de Lugo a raíz do recurso presentado por unha das opositoras, ao estar desconforme co desenvolvemento do proceso selectivo. 

Por este motivo, os populares rexistrarán a petición de acceso a toda a documentación relativa ao expediente administrativo. A provisión deste posto de funcionario inclúese na oferta pública que a institución luguesa convocou en 2019. A demandante puntuou máis que a persoa adxudicataria da praza en todas as probas menos na última, na fase concurso, por dispor de máis méritos o agora titular da praza ao levar polo menos unha década traballando no organismo provincial.

A aspirante, ademais de presentar o recurso contencioso-administrativo, unha vez publicadas as notas finais tamén notificou por escrito ao propio servizo de Persoal da Deputación, que non estaba conforme coa valoración final do terceiro  exercicio. Asemade, outras aspirantes tamén presentaron a súa queixa ante a Valedora do Pobo.

Ao abeiro dos feitos, o voceiro popular considera que “é importante coñecer como foi todo o proceso para evitar, di, calquera práctica de amiguismo ou pago de favores por parte do PSOE e do BNG”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo