O PP denuncia que o Concello non obriga a que se limpen fincas no Barrio Feijoo

O concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, faise eco das “reiteradas queixas” presentadas por un veciño do Barrio Feijoo ante o Concello de Lugo despois de levar varios anos pedindo que se limpen as fincas que hai na parte traseira da súa vivenda xa que invaden por completo a súa casa.

Ameijide explica que” este veciño presentouse en numerosas ocasións no Concello de Lugo, no que presentou ata 9 escritos dende o ano 2013, para solicitar que o goberno local cumpra coa lei de prevención de incendios, xa que a maleza que invade por completo as fincas que hai trala súa vivenda “son un foco potencialmente perigoso” xa que falamos da parte interior dun patio de mazá, o que, en caso de incendio, provocaría un perigo enorme para todas as vivendas xa que, ademais, é de difícil acceso”.

“Os primeiros escritos presentados por este lucense datan de agosto de 2013, que tiveron réplicas en 2015, 2017 e 2019, obtendo sempre un “silencio demoledor” por resposta, mentres a maleza seguía a medrar e a invadir a parte traseira da súa vivenda”, subliñou o popular.

O concelleiro popular insta ao goberno local “a tomar cartas no asunto” xa que pese a que as fincas poidan ser de titularidade privada, o goberno local ten que cumprir coas competencias dadas pola lexislación autonómica de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e ten que realizar “a execución subsidiaria de acordo co establecido no artigo 22 desta lei, sen prexuízo da instrución do correspondente expediente sancionador”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo