Antonio Ameijide Antonio Ameijide

O PP denuncia que o Concello ten máis de 500 reclamacións sen resolver

O concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular, Antonio Ameijide, denunciou esta mañá a acumulación de máis de 500 reclamacións por responsabilidade patrimonial sen resposta por parte do Concello, “moitas delas desde hai varios anos”. Nesa liña, o edil popular detallou que no período comprendido entre outubro de 2013 e xullo de 2015 rexistráronse no Concello 149 reclamacións, das que só 15 tiveron resposta.

Á vista desta situación, os populares pedirán unha relación das queixas sen atender, así como explicacións ao goberno polas razóns da demora nesta resposta, e tamén, sobre todo, unha estimación económica do impacto total que poden ter estas reclamacións nas arcas municipais. Nese sentido, advertiu de que “a envergadura dalgunha destes expedientes pode hipotecar as contas do Concello de varios anos”, dado que “ao goteo constante de cuestións como caídas de persoas en vía pública ou danos en vehículos polo mal estado do firme engádese outra na que construtores da contorna de o Garañón presentan unha queixa por responsabilidade patrimonial que pode derivar nunha indemnización millonaria”.

Antonio Ameijide esixiu aos socialistas “a adopción urxente de medidas encamiñadas a resolver esta situación, por tres razóns: primeiro, porque estamos a falar dun dereito dos lucenses para ter resposta da administración; segundo, porque se reducirán os custos das indemnizacións; e terceiro, porque os cidadáns moitas veces dependen do diñeiro destas compensacións para poder emendar os danos que lles causaron e que motivaron esta petición de responsabilidade patrimonial”.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com