" />

O PP denuncia que só o 17% das licenzas resoltas en 2020 se concederon dentro do prazo legal

Despois de que os concelleiros do Grupo Municipal Popular desvelaran os “alarmantes” datos sobre a concesión de licenzas de obra nas parroquias do rural, 684 días de media se tardou en resolver cada expediente en 2020, agora é a quenda das licenzas no eido urbano, onde o dato “non é tan alarmante, pero si preocupante”, xa que no 2020 se tardou unha media de 330 días en resolver cada expediente.

Antonio Ameijide amosouse moi preocupado despois de analizar estes datos aos que se engaden as revelacións feitas polo ex concelleiro de Urbanismo, Miguel Couto, que asegurou que nese departamento hai graves problemas e que os diferentes planeamentos están paralizados.

Para o popular os datos sobre a resolución de licenzas unidos as confesións de Couto deixan un panorama “desolador” para a alcaldesa, que en vez de axilizar e desbloquear os expedientes de peticións de obras segue a perpetuar estes trámites.

No informe que elaborou o Grupo Municipal Popular deixa datos “moi alarmantes, como que este goberno local só conseguiu resolver 28 licenzas dentro do prazo legal establecido (90 días) das 162 que se concederon”. “En todo o 2020 só resolveron en prazo o 17.28% das solicitudes de licenza dentro do casco urbano, se Lara Méndez segue a negar este feito ou segue sen ver un problema a realidade innegable é que se está a facer trampas ao solitario”, afirmou.

O popular analiza as licenzas segundo a súa finalidade e “pode verse como ningún dos eidos avaliados cumpre coa lexislación vixente: resolver en 90 días”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo