O PP desvela que o Concello de Lugo despreza máis de 1.100 horas mensuais do SAF

O Grupo Popular denuncia que o goberno local ten paralizadas máis de 1.100 horas mensuais de atención do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) por dependencia mentres mantén en lista de espera a 151 lucenses, 12 deles co máximo grao. Tras unha batería de preguntas, que presentou a concelleira popular á responsable de Servizos Sociais do Concello de Lugo, se confirma que pola “neglixencia do goberno local se están desperdiciando, de xeito irresponsable, máis dun millar de horas do SAF de dependencia”.

Teijeiro considera que “está fóra de toda lóxica que non se utilicen as 12.430 horas que ofrece a Xunta ao concello de Lugo para esta prestación xa que “se perden de forma sistemática cunha xustificación peregrina: que é que están comprometidas a usuarios, que tendo dereito a elas, non as consumen”.

A popular asegura que ninguén esixe ao Concello que haxa a obriga de reservar horas polo que “sona a escusa que utilicen este argumento para disculpar a súa ineficacia”. A popular indicou que se ben pode chegar a entender “que se deixasen algunhas horas disponibles para atender unha emerxencia puntual non é de recibo que quede estancado un 10% do tempo que se concede para esta prestación”. Mari Teijeiro puxo de manifesto que “se os socialistas xestionasen ben as horas do SAF de dependencia se podería reducir a lista de agarda “xa de entrada con esas 1.100 horas paralizadas se podería atender, como mínimo, a 15 persoas co grao máximo de dependencia”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo