O PP di que o enfrontamento de Méndez co COAG certifica a crise interna do PSOE co edil de urbanismo

O Partido Popular pide á alcaldesa de Lugo “que gaste as súas enerxías en axilizar os trámites urbanísticos que se eternizan cando entran no Concello e que se deixe de cargar contra colectivos que levan anos padecendo a súa falta de xestión”. O vicevoceiro popular Antonio Ameijide lamenta que, unha vez máis, Lara Méndez opte polo camiño de “montar polémicas estériles en vez de traballar para buscar como solucionar o colapso que hai na concesión de licencias en Lugo”.

Estas declaracións xurden logo do enfrontamento público que protagoniza Méndez contra o Colexio de Arquitectos a raíz dunha carta da directiva deste gremio en relación co nomeamento do xefe de servizo. Os populares, sen entrar a valorar este procedemento, consideran que a alcaldesa non está á altura do seu cargo “é impropio que arme unha guerra pública en vez amosar unha actitude conciliadora”.

Para Antonio Ameijide esta posta en escena que acaba de montar a alcaldesa é outro capítulo máis do desencontro que hai entre Méndez e o concelleiro de urbanismo, Miguel Couto, a conta do nomeamento do xefe de servizo. Esta crise interna visualízase co feito de que este edil pase a un segundo plano, e esté practicamente desaparecido da actividade pública e de feito quedou patente o malestar que teñen entre eles no acto de nomeamento do Xefe de Servizo ao que Couto non asistiu.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Carlos Fernandez Peleteiro
    Feb 12, 2021 - 10:29 PM

    O P P di, que di o P P. Se tivesen dous dedos de frente, se deixarían de decir, cousas que non interesan a ninguén. E farían oposición como debe de ser unha oposición!!!!

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com