O PP empraza ao BNG na Deputación a apoiar un modelo de presupostos baseado na estrutura da de A Coruña

O Grupo Provincial do Partido Popular solicitará o vindeiro luns unha xunta de voceiros para abordar a aceptación por parte do BNG do modelo de orzamentos para a Deputación de Lugo proposto polos populares.

Dende o PP agardan poder contar co apoio dos nacionalistas para desenvolver na Deputación lucense un modelo de presupostos baseado na estrutura da Deputación da Coruña. “Agardamos que saian adiante uns orzamentos para que a Deputación de Lugo mellore a colaboración con todos os concellos da provincia e cree un plan de axuda ás administracións locais máis ambicioso, seguindo criterios obxectivos” e que dea “unha verdadeira resposta ás necesidades dos veciños”.

A voceira dos populares, Elena Candia, lembra que foi o PP o que de forma “insistente e reiterada” levou ao pleno a petición de crear un plan de cooperación cos concellos “máis ambicioso e que se rexese por criterios obxectivos, atopándonos sempre co voto en contra de socialistas e nacionalistas”.

Candia recorda que “durante anos os concellos se viron sometidos ao sectarismo político e partidista” incluso “moitas administracións locais achegaban máis á Deputación do que recibían do ente provincial”.

 O PP pídelle responsabilidade ao presidente

O Grupo Provincial do Partido Popular tamén se pregunta “unha vez máis” polos presupostos da Deputación para o ano 2017. “Pedímoslles responsabilidades e rigor ao equipo de Goberno da Deputación de Lugo e ao seu presidente, o socialista Darío Campos, para que non se repita a situación vivida na pasada anualidade, que mantivo a esta provincia sen contas ata o segundo trimestre do ano”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com