O PP esixe a Tomé que execute o acordo de 2018 para a construción da circunvalación do Burgo

A promoción do Camiño de Santiago debe ser preocupación fundamental de todas as institucións de Galicia. Pero, segundo denunciaron este mediodía os deputados provinciais do PP, “parece que no caso da Deputación de Lugo esta preocupación non é especialmente grande á vista de que acordos adoptados hai máis dun ano, que afectan directamente ao Camiño, seguen sen ser executados”.

Así o explicaba o deputado popular, Óscar Poy, ao presentar unha iniciativa en relación co acordo adoptado para a circunvalación do Burgo, no municipio de Lugo.

Poy recorda que “no pleno da institución provincial celebrado o 26 de decembro de 2018 aprobouse por unanimidade unha moción presentada polo Grupo Provincial do Partido Popular para que se iniciaran, de forma urxente, todas as accións necesarias para poñer en marcha o proxecto de ensanche e mellora da estrada provincial LU-P-2901 dende o punto quilométrico 3,3 ata o 5,4 (circunvalación de O Burgo)”.

Tras estas palabras o popular denunciaba como un ano despois “esta obra está sen executar”. Neste senso, din entender a urxencia de executar estas obras por “necesarias” e porque “sacaría o tráfico rodado da travesía do Burgo, onde coinciden o Camiño Primitivo e a estrada provincial pola que transitan tanto pereginos como tráfico rodado, maquinaria agrícola ou gando”.

Poy urxe, ademáis, a arranxar esta estrada para “tentar que dea tempo a que no ano Xacobeo 2021 poida estar rematada” puidendo ser un “xeito de impulsar o Camiño” ao dotar de seguridade aos peregrinos. “A situación que se da no Burgo non é acorde ao tempo no que vivimos”, critica.

Os deputados populares queren saber “cales son os motivos polos que aínda non se executaron” estas obras e que prazos ten previstos o goberno provincial para cumprir o acordo plenario aprobado en decembro de 2018 respecto á
mellora desta estrada.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com