" />

O PP esixe “transparencia nas comisións de pleno” para evitar o “reiterado oscurantismo” do bipartito

O vicevoceiro do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide denunciou esta mañá as “trabas” que o bipartito está a pór para obter información no marco das comisións de pleno “levamos xa seis meses de mandato e cada vez que se celebran estas xuntanzas se repiten as mesmas contestacións”. Ameijide puntualizou que “se ofrecen, de forma reiterada, respostas sesgadas e incompletas ás preguntas que presentamos”.

“A matraca de que pedimos información complicada e que dificultamos o traballo dos funcionarios bloqueando os servizos é unha disculpa pouco crible, salvo que a dixitalización no concello brille pola súa ausencia”, reflexionou o popular recalcando que “non teñen nin base de datos”.

Antonio Ameijide cuestionaba, deste xeito, que os prometidos avances en administración electrónica, “vaian moito máis lentos do que din”. O vicevoceiro afirma que os funcionarios si teñen vontade pero, neste intre, “o bipartito marca as directrices e o que se impón no goberno de Lugo é o rodillo e os impedimentos para acceder á documentación”. Para Ameijide “chama a atención que aleguen problemas de persoal cando no bipartito teñen máis de 26 cargos políticos a soldo do erario público”.

O popular puxo exemplos concretos, que figuran nas actas das últimas comisións de pleno, nos que “queda en entredito a transparencia e a pouca disposición” do bipartito en facilitar o traballo de fiscalización da oposición. Un dos casos máis sorprendentes foi o da negativa do Concelleiro de Medio Ambiente que evita contestar a unhas preguntas sobre o parque de enerxías alternativas do Ceao porque asegura que “é unha instalación que non está adscrita a ningunha área pertencente a esta Comisión”. “É unha tomadura de pelo que teñamos que sufrir as consecuencias do descontrol que hai entre PSOE e BNG, dous gobernos distintos e ninguén se fai cargo desta infraestructura ruinosa”.

Os populares aclaran que os partidos políticos non son os que inclúen as preguntas na orde do día das comisións polo que recriminan a actitude de Álvaro Santos “que renega da que foi unha das instalacións estrela da política medio ambiental socialista” e lle advirten ao goberno que agardan obter na comisión desta semana información sobre esta infraestructura xa que volvemos a rexistrar a mesma batería de preguntas.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Carlos Fernandez Peleteiro
    Carlos Fernandez Peleteiro
    Dec 17, 2019 - 02:49 PM

    E so os dedicadas a andar a pedradas os uns contra os outros. Pero tan difícil que impere o sentido común?

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo