O PP insta á Deputación a mellorar a seguridade nas obras da Casa da Botica de Guitiriz

O grupo provincial popular reclama do goberno da Deputación que cambia o paso na xestión das obras da residencia da terceira idade de Guitiriz e esixe que vele pola seguridade dos traballadores e dos cidadáns, á vista dos recentes desprendementos da fachada. O portavoz provincial do PP, Javier Castiñeira, sinala: “Membros do grupo provincial do PP visitamos no día de hoxe Guitiriz para ver o estado da obra da residencia que está a facer a Deputación de Lugo nesta localidade, concretamente na Casa da Botica. Nestes días é noticia porque se produciron desprendementos. Hai que recordar que é un edificio emblemático da localidade”.

Castiñeira sinala: “O PP entende que este non é un suceso illado, non é unha casualidade; é un suceso máis dun expediente que é un auténtico desastre por parte da Deputación de Lugo. Hai que recordar que este proxecto foi “vendido” durante moitos anos desde a Deputación, especialmente nas eleccións, como proxecto fundamental para esta localidade e o que vemos a día de hoxe é retraso que leva esta obra, non só na súa execución, senón no propio expediente, que é un auténtico desastre”.

Os populares explican que “a obra tiña un ano de prazo de execución e non se vai cumprir”. Din que “o ritmo é moi malo, é o mesmo que leva o expediente da residencia, de paso de tartaruga”. Castiñeira di: “Hai que darlle a razón ao ex alcalde popular Teixido, cando dicía que a elección do edificio non era a mellor elección para a residencia, e había outras propostas moito mellores”.

Para o PP, o goberno da Deputación usou politicamente este asunto e debe dar explicacións de por que esta xestión é un auténtico desastre. Castiñeira declara: “Cremos que o goberno da Deputación non vai cumprir os prazos que prometeu e, visto o visto, temémonos que estes desprendementos non sexan o último imprevisto de obra”.

O portavoz popular teme que “haxa retrasos maiores, porque é unha obra complexa que o goberno da Deputación non é capaz de xestionar”. Pide “que se vele pola seguridade da obra, do persoal que traballa nela, e pola seguridade dos viandantes, dos veciños de Guitiriz e pola consolidación da fachada”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com