O PP lamenta que o Concello “siga instalado na era prehistórica da administración electrónica”

A concelleira do Partido Popular municipal, Sagrario Sánchez, denuncia que o Concello de Lugo segue instalado nunha etapa “prehistórica” no mundo dixital, xa que a administración electrónica no concello “segue a ser un gran problema”.

Sagrario Sánchez sinala que despois de tentar realizar varias xestións a través da web municipal, concretamente os servizos que se atopan dentro da carpeta cidadá, “atopámonos con que non puidemos realizar ningunha” xa que “despois de tentar identificarnos co certificado dixital o único que obtivemos como resposta foi sempre a mesma mensaxe de error“.

A concelleira popular sinala que con estes inconvenientes “é imposible” que se poida falar de administración electrónica no Concello de Lugo, xa que estes erros “obrigan” aos cidadáns a acudir de xeito presencial ás dependencias municipais xa que non poden realizar a través da web os seus trámites.

Neste senso, Sagrario Sánchez explica que dende o seu grupo se presentarán preguntas en comisión para coñecer os motivos “deste mal funcionamento da web municipal” e para saber dende cando se están a producir estas incidencias, xa que sinala que “temos coñecemento de que estes erros se están a producir polo menos dende o mes de outubro do ano pasado”, polo que considera que xa houbo un tempo máis que “prudencial” para solucionar estes erros e que a administración electrónica en Lugo sexa unha realidade e útil para os cidadáns.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. José Manuel González Díaz
    Xan 23, 2020 - 04:53 PM

    Manda carallo, da etapa prehistórica, ainda non saíron os PePeiros, nin sairan, son muy retrasados.

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com