O PP logra un compromiso por parte do goberno provincial para reabrir Augasmestas no 2021

O Grupo Provincial do PP logrou hoxe que o goberno provincial se comprometa a poñer en servizo o complexo de Augasmestas, no municipio de Quiroga, no vindeiro ano 2021. Así o destaca o voceiro popular, Javier Castiñeira, despois de escoitar as respostas do goberno da Deputación a unha moción que presentaron os populares no pleno deste martes, 30 de xuño, para instar, unha
vez máis, á posta en funcionamento do citado complexo turístico.
Agardan dende o Grupo Provincial Popular que “se cumpra o obxectivo de telo aberto no 2021 e que o novo intento non queda en nada coma outros anuncios realizados nos últimos dez anos: o proxecto para convertelo en centro de ocio para discapacitados ou o concurso público do 2014 para xestionar o complexo”, por poñer algúns exemplos. En calquera caso, o voceiro popular insiste en que
“sempre chegan tarde en todo o que fan”.
Castiñeira sinalou, durante a súa intervención, que “o complexo recreativo de Augasmestas -situado a carón do río Lor preto da desembocadura co Sil- está abandonado e inutilizado cando podía estar funcionando perfectamente”. Culpa o
popular desta situación “á ineficiente xestión turística do actual goberno” en relación ás instalacións deste complexo “situado nun enclave pertencente á
Ribeira Sacra, candidata a Patrimonio da Humanidade”.
O voceiro do Grupo Provincial do Partido Popular sinalou que “xa fixemos constar noutras ocasións a necesidade de intervir en Augasmestas a través de distintas iniciativas nos últimos anos; pero sen resultado. Agora que a campaña do 2020 está perdida, agardamos que no 2021 podamos disfrutar destas instalación adaptadas ao que require o turismo na natureza, unha das actuación que recolle o Plan Estratéxico de Turismo”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com