" />

O PP municipal critica o desinterese do goberno local por actualizar o servizo de ociotecas

O Grupo Municipal do Partido Popular critica o desinterese do goberno municipal socialista por impulsar e actualizar o servizo das ociotecas que funcionan nos centros sociais de Maruja Mallo, Frigsa e Uxío Novoneyra.

A edil popular Mari Teijeiro presentou esta mañá un paquete de tres medidas para actualizar esta prestación que busca favorecer a conciliación familiar; polo que resaltou que o primeiro paso é sacar o novo prego de condicións que xa leva máis dun ano caducado.

Outro punto que a popular propón abordar é a elaboración dunha Ordenanza Municipal que regule o funcionamento dos servizos de atención á infancia que presta o Concello nas ludotecas e que, na actualidade, comprende o programa Aprende Xogando ou as Aulas abertas dos periodos vacacionais.

A terceira actuación que propón a popular Mari Teijeiro é chequear o estado dos locais de Frigsa, Maruja Mallo e Uxio Novoneyra onde se presta o servizo de ociotecas “co obxecto de corrixir as deficiencias que podan presentar estes espazos en canto a climatización ou saneamento”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo