O PP Municipal critica que a estatua de San Vicente “siga tirada” nos parque de Bombeiros

O vicevoceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, criticou esta mañá que a estatua de San Vicente “continúe tirada” no Parque de Bombeiros, logo de que transcorreran máis de tres meses dende o derrubamento da escultura.

Deste xeito, Ameijide apunta que “a 15 días de que comece a Semana Santa, non consta que se tivesen adxudicado sequera os traballos de rehabilitación”, malia a que a Xunta de Galicia concedeu autorización ao Concello o 3 de marzo; no que o popular considerou outra “proba” do interese da Xunta de Galicia por “desbloquear proxectos pendentes”, actitude que contrapuxo co que tildou de “permanente bloqueo” do goberno local ante calquera intervención dunha administración gobernada por outro partido político.

Así mesmo, o vicevoceiro popular denunciou que ademáis de que non hai avances na reconstrucción da fonte, a escultura non se moveu do sitio no que está, “sen ter ningún elemento de protección que garanta que non continúe o seu deterioro”.

Finalmente, o vicevoceiro popular critica que “a alcaldesa estea empeñada nunha escalada de novos anuncios con medidas de escaso calado mentres segue sen responder a problemas, en referencia a cuestións como a da fonte de San Vicente, á suspensión unilateral da ORA ou aos cortes de luz en dependencias municipais por impagos do Concello”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com