O PP municipal denuncia que só se impuxera unha multa en dous anos por non recoller excrementos de cans

A concelleira popular Ana López Pombo afirma que “dende maio de 2015  en Lugo só se sancionou a un propietario por deixar na vía pública as deposicións do seu animal e que esto certifica, para o seu grupo, o abandono e a despreocupación dos socialistas por este problema.

Nese senso, a edil popular explica que “ata o mediodía de onte” non constaba ningún decreto asinado por este concepto. Así, “a única multa por esta cuestión” non se produciu ata o día 14 de marzo de 2017, circunstancia “que, para os populares,  contrasta co estado no que se atopan as vías da cidade”.

López Pombo considera “ridículo” que a socialista “limite a súa preocupación por sancionar” a un calendario “exiguo” de quince días “que non da resposta aos lugueses”.

A xuízo de López Pombo, a sanción demostra “que se Lugo está trufado de deposicións animais é porque a alcaldesa o permite, dado que ten as ferramentas legais ao seu alcance para impedir esta situación”. “O que calquera veciño se pode preguntar, á vista deste decreto, é por que en todos os meses anteriores non se foron castigando estas condutas incívicas”, reflexiona a popular, para quen “se ben é certo que este problema xa existía á chegada de Lara Méndez ao Concello, o seu pasotismo o único que fixo foi agravar a situación”.

Por outra banda, a edil popular cualifica de “insuficiente” o importe da sanción imposta por esta actuación “que non nos esquezamos, acadou unha envergadura incompensible dende o punto de vista da hixiene, da salubridade e incluso dos receos que está a espertar cara a todos os animais a conduta incívica dalgúns dos propietarios”. Nese senso, explica que “aínda que a lei faculta ao Concello para multar con contías entre os 60 e os 750 euros, o certo é que a alcaldesa optou por un importe que se aproxima ao mínimo legal” ao supoñer 80 euros se o sancionado abona a sanción nos primeiros cinco días e 100 euros se o fai transcorrido ese período.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo