" />

O PP non consigue que PSOE e BNG apliquen bonificacións do IBI a empresas e autónomos

Antonio Ameijide lamentou que PSOE e BNG rexeitasen medidas fiscais como ampliar ata verán do 2021 a supresión da taxa das terrazas ou o 100% do desconto ata decembro de 2020, así como, as bonificacións do IBI así como a rodaxe ás empresas e autónomos afectados por esta pandemia

Os populares tamén reclamaron unha revisión integral de todas as    ordenanzas para chequear os informes de custes co ánimo de evitar novas sentenzas como as dúas que xa se ditaron de construtores que pedían a devolución da taxa dos bados

O vicevoceiro popular amosou a súa sorpresa pola negativa do bigoberno a suprimir a ordenanza da ORA asegurando que “non ten sentido que despois de cinco anos sen ORA, ainda non saben o que van facer”

O vicevoceiro popular insistiu na revisión das categorías fiscais das vías públicas do municipio e que se toman como base para o pago de diferentes tributos e prezos públicos xa que “o que se manexa está desfasado e non se corresponde coa realidade fiscal do concello”

Si tiveron os populares o visto e prace do bigoberno para “que se cambie a fórmula de cálculo do recibo da auga en domicilios porque ao retrasarse as lecturas dos contadores poden haber un sobrecuste na factura”

 

 

 

Novas relacionadas

  1. Avatar
    Luis Díaz
    Xuñ 26, 2020 - 11:15 PM

    Estos (como partido) en la oposición, todo por y para el pueblo. Cuando gobiernan, todo por y para ellos.

    Reply
  2. Avatar
    Carlos Fernandez Peleteiro
    Xuñ 26, 2020 - 03:22 PM

    Na oposición e moi fácil falar. Na realidade a historia e a mesma

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo