" />

O PP pedirá ao goberno local que apoie o recoñecemento da Vía Künig como un Camiño de peregrinaxe a Santiago

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Ramón Carballo, pedirá ao pleno que a corporación apoie o recoñecemento da Vía Künig e se sume á cuarta etapa deste camiño que se realizará o vindeiro 1 de marzo entre os concellos de O Corgo e Lugo para darlle a importancia que merece.

Ramón Carballo explica que a iniciativa para dar apoio a esta vía parte da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago da Provincia de Lugo en colaboración cos concellos polos que discorre este camiño (Pedrafita, As Nogais, Becerreá, Baralla e O Corgo) polo que se remitirá un rogo ao pleno para que o Concello de Lugo tamén apoie esta iniciativa xa que Lugo será un dos concellos máis beneficiados se finalmente se recoñece a Vía Künig como un camiño máis de peregrinaxe ata Santiago de Compostela.

O voceiro popular destaca o esforzo que están a facer diversas asociacións e entidades públicas para acadar que a Vía Künig sexa recoñecida como un novo camiño de peregrinaxe ata Santiago de Compostela, que uniría o seu percorrido ao Camiño Primitivo ao seu paso por Lugo, de ahí a importancia de que o Concello de Lugo dea o seu apoio a esta iniciativa, xa que ademais o concello lucense é o único que ten o percorrido sen sinalizar.

Desde o Grupo Municipal do Partido Popular se está a apoiar esta proposta, polo que o propio voceiro municipal popular e varios concelleiros están a realizar o percorrida das diferentes etapas, camiñatas nas que tamén participan os rexedores de As Nogais, Baralla e O Corgo, ademais de centos de lucenses que, xunto coa Asociación de Amigos do Camiño, están a dar o primeiro gran empurrón a esta iniciativa para acadar o seu recoñecemento.

Ademais, a Vía Künig está a recibir apoios desde outras frontes, como foi o sábado durante o pregón da Feira de Entroida de Nadela, onde o pregoeiro Javier Vila, coordinador da investigación sobre este camiño, recordou a importancia desta vía, unha variante medieval do Camiño Francés, unha cita na que tamén estivo presente o primeiro peregrino da Vía Künig.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Avatar
    Pili Ferreira
    Feb 17, 2020 - 02:55 PM

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo