O PP pedirá en pleno a creación dunha Comisión de Investigación en materia de persoal

O Partido Popular rexistrou hoxe unha proposición para debatir en pleno a constitución dunha Comisión de Investigación co obxecto de “depurar posibles responsabilidades políticas derivadas das supostas irregularidades en materia de persoal dos últimos 20 anos”.

Para o vicevoceiro popular, os responsables políticos en materia de persoal do Concello de Lugo “ben por acción ou ben por omisión teñen que aclarar como é posible que haxa, segundo un informe interno encargado polo equipo de goberno, 228 traballadores municipais ocupando postos que non lles corresponden”. Ameijide reflexiona que “o máis doado é cargar tintas contra un funcionario, pero nós queremos ir ao fondo desta cuestión e aclarar quen deu e asinou estas ordes”.

Ameijide confía en que “en aras á transparencia, salvo que teñan algo de ocultar, tanto PSOE como BNG, votarán a favor para que salga adiante esta Comisión de investigación”.

Os populares queren que se aclaren diferentes cuestións como “por que o equipo de goberno, ainda que non tiñan informes preceptivos tal e como figura no informe do interventor, deu luz verde ata 228 cambios de postos de traballo?; por que non paralizaron esta práctica e pediron informe á intervención ou asesoría xurídica?; por que agora saen á luz as irregularidades de 228 postos de traballo?”

Antonio Ameijide manifestou que nesta Comisión de Investigación deben declarar os responsables políticos, os membros da xunta de goberno local que daban o visto e prace a decisións de persoal así como os directores xerais que estiveron ao fronte da área de recursos humanos nos últimos anos.

Os populares levan anos cuestionando prácticas irregulares en materia de persoal e agora “co informe do interventor co que xustifica a destitución da xefa de persoal se confirma que non había informes preceptivos para facer moitos dos cambios e designacións de postos dentro do Concello de Lugo. Ameijide pregúntase “como é posible que pasasen por alto esta circunstancia, ninguén se deu conta que as decisións que se tomaban non se axustaban a dereito?”

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Carlos Fernandez Peleteiro
    Dec 10, 2019 - 11:33 PM

    Pero lembrade de cando estubesteis vos tamen

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com