O PP pedirá que o Estado garanta a actividade económica e o emprego de Alcoa San Cibrao

O Grupo Provincial do PP presentou unha moción para o seu debate no vindeiro Pleno da Deputación de Lugo na que pide exixir ao Goberno do Estado a revisión da proposta do estatuto do consumidor electrointensivo por ser prexudicial para a central de Alcoa en San Cibrao e poñer en perigo o seu mantemento.

Ao mesmo tempo exíxenlle ao Goberno do Estado que dea unha resposta viable e efectiva ás necesidades consensuadas coa industria electrointensiva galega para establecer un marco eléctrico estable e un prezo competitivo para este tipo de empresas, coa necesidade de introducir seguridade no sector e permitir que o conxunto das empresas electrointensivas compitan en igualdade de condicións que o resto das factorías a nivel internacional; co obxectivo de que Alcoa manteña a súa actividade e, polo tanto, o emprego na central de San Cibrao.

“Reclamamos que o Goberno do Estado teña un plan serio de traballo, sobre todo nun asunto de tal importancia coma este, tal é como fixo o anterior Goberno do Estado tomando as medidas necesarias, cando xurdiu algunha problemática, para garantir ao mantemento da actividade económica da central de Alcoa en San Cibrao”, remarcan  desde o Grupo Provincial do PP. Así, recordan que o propio presidente do Goberno, Mariano Rajoy, mantivo reunións en EEUU para mediar polas fábricas de Alcoa.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. corunaonline.es
    Mar 20, 2019 - 08:47 PM

    Bueno, esperemos que el @PPdeLugo pida la continuidad de las fábricas de Alcoa en España, no solo de la de Lugo.

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com