O PP pide ao Goberno que aclare se vai manter o compromiso anunciado por Puente de abrir este verán un subtramo da A-54

Os senadores do PP por Lugo -José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano- esixen ao Goberno de Sánchez aclarar se vai manter o compromiso anunciado por Puente sobre a apertura para este verán dun subtramo da A-54 entre Lugo e Santiago.

Os populares lembran que o pasado mes de febreiro, durante a apertura do penúltimo tramo desta autovía, o ministro de Transportes y Movilidad Sostenible anunciaba o seu remate para este ano 2025 e que, ademais, este verán entraría en funcionamento un subtramo entre Melide e Arzúa.

Os senadores formulan de forma oficial unha pregunta para que o Goberno de España explique “a situación na que se atopan as obras da autovía Lugo-Santiago” que permitiría conectar a cidade amurallada coa capital de Galicia en 50 minutos a través deste novo itinerario. “Queremos coñecer a situación real das obras”, segundo puntualiza José Manuel Barreiro.

Barreiro advirte que “o verán xa está avanzado e non hai visos de que se vaia a abrir o subtramo anunciado. Pola propia situación das obras non parece moi viable”.

O senador explica que “queremos coñecer se estamos diante desas promesas baleiras que non se corresponden coa realidade” ou “se, efectivamente, van cumprir eses compromisos”. E, se é así, “teñen que explicar cal é a situación real das obras neste momento”.

Barreiro subliña tamén que “non podemos seguir agardando por unha comunicación que é fundamental non só para a provincia de Lugo, senón para todo o interior de Galicia”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com