O PP pide ao gobero que non “falsee” os orzamentos de 2020 par “evitar a ficción presupostaria dos últimos anos”

O Partido Popular argumenta, con novos datos, a súa tese de que os orzamentos de 2018 “eran ficticios” tomando como base o presuposto de ingresos que figura na Conta Xeral do 2018 e que hoxe se tratou na Comisión Especial de Contas. O voceiro popular, Ramón Carballo, explicou que “o PSOE fixo uns previsibles de ingresos de diferentes impostos e taxas que estaban sobredimensionados” detallando que “a diferencia entre esa previsión presupostaria coa recadación neta nalgúns dos principais impostos e taxas ascende aos 13,5 millóns de euros”.

O voceiro do PP indicou que “en tan so sete conceptos observamos un desvío presupuestario, por inflar as contas,
nun 28%”.

O voceiro popular pide ao bipartito “responsabilidade” na elaboración dos orzamentos para 2020 xa que “o tempo demostra que os anteriores que deseñou a alcaldesa foron uns orzamentos irreais”. “Polo ben dos lucenses esperamos unhas contas serias e que se axusten á realidade e non semellante despropósito”, reflexionou.

Carballo tamén manifestou que a previsión de “ingresos falsos” que fixo o Lara Méndez en 2018 se confirma cos datos da morosidade “que en 2018 suma 15.123.184 euros”. O popular alertou de que o bigoberno “está fomentando o impago de impostos en Lugo porque apenas hai control por mor do desmatelamento do servizo de inspección de tributos”.

Por último, Ramón Carballo lamentou que, por terceiro ano consecutivo, a alcaldesa de Lugo presenta a conta xeral fóra de prazo; incumprindo os periodos que marcan as administracións xa que “o pasado 1 de outubro remataba o prazo máximo para aprobar en pleno este documento de control orzamentario”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo